NORMATIVA 3D3Ranking

NORMATIVA RANKING POR PUNTOS 3D3Pádel

O Ranking por puntos consiste nunha competición mensual por grupos ou categorías de igual nivel de xogo, sen importancia de parellas mixtas, femeninas ou masculinas.

Os grupos estarán compostos por un mínimo de 6 parellas e comezarán o ranking con 2000 puntos cada parella. Á parella que gane un partido súmase o 20% dos puntos da parella que perde, a cal perde este 20% de puntos.

Ex: se gana a parella 1 leva 2400 puntos e a parella 2 quédase con 1600 puntos.

No ranking realízanse 3 fases de 10 días de duración cada unha, en total 30 días (un mes).

Na 1ª e na 2ª fase enfróntanse as parellas dentro do mesmo grupo, cambiando de posición segundo os puntos obtidos, dando lugar á fase de ascenso.

Na 3ª fase xógase o ascenso de nivel, enfrontándose as parellas que van de primeiras nun grupo coas que van de últimas no grupo inmediatamente superior.

As parellas que non xogan polo ascenso de grupo, xogan para ascender dentro do mesmo grupo.

Realízase un partido cada 10 días.

O clube organiza o partido segundo a disponibilidade horaria que previamente cada parella comunica á organización.

O formato de ranking é o seguinte:

  • A parella 1 enfróntase á parella 2
  • A parella 3 enfróntase á parella 4
  • A parella 5 enfróntase á parella 6

E así sucesivamente se hai máis parellas no grupo.

Ó rematar o mes, tódalas parellas do ranking quedan nunha nova posición e reanúdase o ranking volvendo a ter 2000 puntos por parella.

En caso de lesión ou ausencia dun xogador, o compañeiro disponible poderá elexir un xogador do mesmo nivel ou inferior, sempre que o mesmo non se atope nun nivel igual ou superior se está participando no Ranking (Se non se atopa a organización fara o posible por atopar un suplente). A dito encontro deberá asistir sempre un membro da parella inscrita, pola contra, dito partido será considerado como non presentado.

Para acudir cun xogador suplente non pertencente o Ranking, tense que comunicar á parella rival e ó clube con anterioridade ao partido.

No último grupo de ranking, farase á última parella un partido simbólico para xogar os mesmos partidos co resto de parellas.

Á primeira parella do grupo primeiro do ranking daráselle 1:30h de pista gratis, xa que xoga un partido menos co resto dos participantes.

Calquer imprevisto ou problema organizativo será analizado polo clube para resolvelo do mellor xeito posible para o bo funcionamento da competición.

Tódolos partidos terán que xogarse nas instalación de 3D3Pádel.

Unha vez formados tódolos grupos a organización comunicará os horarios mediante un mail ou whatsapp a cada integrante e colgaranse as datas dos enfrontamentos no tablón do clube.

A normativa de xogo rexirase polo disposto no regulamento da Federación Española de Pádel que pode consultarse na seguinte web: http://www.padelfederacion.es/Reglamentos.

A participación nesta fase de ranking  supón a total aceptación e cumprimento destas normas.

3D3Pádel resérvase o dereito de cambiar ou modificar algunha destas normas en beneficio da competición.

Dacordo ao establecido na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle de que os datos persoais que nos facilite, serán incorporados a un ficheiro titularidade de Maria Caterina Esperón Cores con domicilio en RÚA DO COBRE H19, POL. IND. DE BERTOA  15105 CARBALLO (A Coruña), que cumpre coas medidas de seguridade esixidas no Real Decreto 1720/2007 do 21 de decembro, e cuxa finalidade é a correcta organización e xestión das distintas competicións celebradas polo Club así como de xestión dos datos das clasificacións, de maior a menor, útiles para establecer criterios de valoración (Ránking).

A inscrición no Ranking 3D3pádel supón o consentimento para a utilización das fotografías e/ou vídeos que poidan realizarse durante as competicións celebradas polo Club para a súa publicación tanto nas instalacións  do  mesmo como nas distintas redes sociais nas que se atope dado de alta.

As datas dos partidos e os horarios de xogo serán determinados polo clube tendo en conta, na medida do posible, as preferencias horarias de cada xogador. Éstas poderán ser modificadas con máis de 24 horas de antelación á celebración do encontro, por unha causa xustificada de tipo lesión ou enfermidade.

Non se admitirán cambios de datas o mesmo día do partido, sen excepcións. Si unha parella cancela a data de un enfrontamento con menos de 24 horas de antelación deberá abonar o importe total da pista reservada e daráselle o partido por perdido por 6-0 / 6-0 e será considerado partido non xogado e restarese o 20%.

A parella que solicita o cambio de partido, terá que acordar coa outra parella rival, unha data para poder disputar dito partido.No caso de non existir un acordo entre as parellas para fixar unha data de xogo, deberase comunicar ao clube para establecer unha nova data dentro da fase de xogo. Atenderanse, na medida do posible, as preferencias horarias de cada xogador/a. Dita data será inamovible. No caso de que algunha das parellas non puidera xogalo, suporá a perda do 20% (partido non xogado). Cada parella disporá de un cambio en cada fase desta competición. O terceiro cambio considérase partido non xogado (-20%).

Os xogadores do partido deberán estar nas instalacións do clube 15 minutos antes da hora fixada para o encontro.

A non presentación ao partido, sen previo aviso ó clube e ós rivais supón a perda do 20% na clasificación. A parella que non se presente ao partido co horario marcado deberá abonar o importe total da pista reservada e daráselle o partido por perdido.

Se un partido non se xoga e non se anula a pista con 24 horas de antelación, os catro xogadores deberán abonar o importe da pista.

Se unha parella decide darse de baixa durante o transcurso do ranking, eliminaranse todos os seus resultados e pasará a ocupar a última posición do grupo.

 

OS RESULTADOS DO 3D3RANKING ACTUALIZARANSE CADA VENRES.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies