4ª XORNADA SERIES NACIONALES

4ª XORNADA SERIES NACIONALES

Este pasado fin de semana, os nosos equipos das Series enfrentaron a 4 xornada de xogo, para o cal, o equipo 3d3 A Taberna do Rio, tivo que desprazarse ata  Narón, onde logo de pelear frente a uns rivais moi superiores, voltaron para a casa con un sabor amargo tras un 12- 0 a favor de Golden-Distribuciones La Viña.

Doutra banda, 3d3 Pádel Helvetia, e 3d3 Pádel Asioka, xogaron esta xornada na casa.

O primeiro deles,o noso equipo de 500, 3d3 Pádel Helvetia, no que parecia unha tarde tranquila de sábado, preparábase para enfrentarse a Aldea Pádel Tour, de Ferrol, tras duas horas de enfrentamento, e a eliminatoria empatada 5-5, un heróico Dani Calvete e un superlativo Bruno Calviño vencia no tie break do 3ºset a parella rival, deixando, así, a vitoria na casa. Noraboa equipo!!!!!!

Por outro lado, o noso equipo de Gran Slam, enfrentóuse o domingo a un dos  “cocos”,  Secta-Kemphor Pádel San Mateo. Despois de tres partidos con vitorias sencillas para cada equipo, a eliminatoria decidiuse nos dous últimos partidos, os cales foron a 3 sets. Por un lado, Pichel e Paquito Sebastian, lograron impoñerse sobre os rivais, tras un intenso encontro.  Pola contra, Oscarin e Juan Caamaño, non lograron a tan desexada vitoria, e cedian así, o 3º set a Josito e Fernando Mera, decidindo este partido a eliminatoria do enfrentamento, con un 4-8 para os visitantes.

Moi ben peleado equipo!! Moito ánimo!!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies