3ª xornada das Series Nacionais para os nosos equipos

3ª xornada das Series Nacionais para os nosos equipos

Contámosvos como trascurriu a nova xornada das Series Nacionais para os equipos de 3D3 Padel.

O equipo masculino de 5ª categoría enfrontábase a unha dura xornada tendo que desputar dous encontros. O primeiro deles foi fronte ao 2º clasificado da categoría, o Padel Ordes, pero os rapaces fixeron un fantástico encontro e conseguiron unha contundente victoria por 0-12. No segundo partido da xornada xogaron contra Amiocar BMW Letpadel e conseguiron impoñerse tamén por 12-0 o que os coloca como primeiros clasificados na súa categoría.

Non tivo tanta sorte o equipo da 6ª categoría que tamén tiña dous partidos por diante nesta xornada. No primeiro deles desprazáronse ata Bergondo para xogar contra ADP Padel D3. O resultado final foi de 12-0 a prol do equipo local. O segundo partido da xornada xogárono contra o Club de Tenis Redes e tampouco foron quen de impoñerse e perderon por 0-12. Moita sorte na vindeira xornada!

Por outra banda o noso equipo feminino segue coa boa racha de resutados. Nesta ocasión viaxaron ata Cerceda e conseguiron unha victoria por 2-10. Este importante resultado colócaias ao fronte da clasificación na súa categoría. Moitísimas felicidades ás rapazas polo comezo da tempada nesta competición.

Deixámosvos coas imaxes da xornada! 😉

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies