Blog

5ª XORNADA SERIES NACIONALES

O fin de semana pasado, os nosos equipos das Series, enfrentáronse a 5 Xornada de xogo, o noso equipo 3d3Pádel Helvetia, desprazóuse a Fene, e tras 5 partidos intensos, volveron para a casa con un empate 6-6 no marcador.

Doutra banda, 3d3 A Taberna do Río, xogou na casa fronte o Zona Indoor Cumplesport, e tras  unha vitoria sinxela para Manuel Gómez e César Álvarez, con un 6-2 6-3, ao seu favor, e unha vitoria loitada para Rafael Campos e Juan Castro, por un 6-4 1-6 6-3 ao seu favor, as demáis parellas non lograron impoñerse aos seus rivais, quedando o marcador final nun 5-7 a prol do Zona Indoor Cumplesport.

Por último, pero non menos importante, 3d3Pádel Asioka, desprazouse a Santiago, para enfrentarse a Zona Doblered, onde non logrou impoñerse fronte a uns duros rivais, voltando para a casa con un 10-2 en contra.

MOITO ÁNIMO EQUIPOS!!!!

4ª XORNADA SERIES NACIONALES

Este pasado fin de semana, os nosos equipos das Series enfrentaron a 4 xornada de xogo, para o cal, o equipo 3d3 A Taberna do Rio, tivo que desprazarse ata  Narón, onde logo de pelear frente a uns rivais moi superiores, voltaron para a casa con un sabor amargo tras un 12- 0 a favor de Golden-Distribuciones La Viña.

Doutra banda, 3d3 Pádel Helvetia, e 3d3 Pádel Asioka, xogaron esta xornada na casa.

O primeiro deles,o noso equipo de 500, 3d3 Pádel Helvetia, no que parecia unha tarde tranquila de sábado, preparábase para enfrentarse a Aldea Pádel Tour, de Ferrol, tras duas horas de enfrentamento, e a eliminatoria empatada 5-5, un heróico Dani Calvete e un superlativo Bruno Calviño vencia no tie break do 3ºset a parella rival, deixando, así, a vitoria na casa. Noraboa equipo!!!!!!

Por outro lado, o noso equipo de Gran Slam, enfrentóuse o domingo a un dos  “cocos”,  Secta-Kemphor Pádel San Mateo. Despois de tres partidos con vitorias sencillas para cada equipo, a eliminatoria decidiuse nos dous últimos partidos, os cales foron a 3 sets. Por un lado, Pichel e Paquito Sebastian, lograron impoñerse sobre os rivais, tras un intenso encontro.  Pola contra, Oscarin e Juan Caamaño, non lograron a tan desexada vitoria, e cedian así, o 3º set a Josito e Fernando Mera, decidindo este partido a eliminatoria do enfrentamento, con un 4-8 para os visitantes.

Moi ben peleado equipo!! Moito ánimo!!

3ª XORNADA SERIES NACIONALES

Os noso equipos das Series Nacionales, enfrontaron este fin de semana pasado, a súa terceira xornada de xogo, desenvolvéndose do seguinte xeito:

Por un lado, 3d3 Pádel Helvetia, tivo que desprazarse a Bergondo, para xogar contra ADP Pádel D3, tras un intenso enfrentamento, no alcanzaron a vitoria, e volveron para a casa con un 4-8 a favor dos rivais.

Seguide peleando equipo!!!

Por outro lado,3d3 Pádel A Taberna do Rio, xogou na casa, frente a AR Sport Padel&Beer, con un 9-3 a favor.

Noraboa rapaces. Seguide así!!

Por outro lado, 3d3 Pádel Asioka, desprazóuse a Feans, onde, tras loitar todos os seus partidos, non conseguiu impoñerse  sobre o seu rival, Padel-Feans-El Huerto, e voltou para a casa de baleiro, con un 12-0 a pro dos rivais, perdendo a súa vez, o seu liderazgo en Gran Slam.

Moito ánimo rapaces, seguide loitando!!!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies