Blog

2ª XORNADA SERIES NACIONALES

Esta fin de semana, os nosos equipos das Series Nacionales, enfrentaron a súa II xornada de xogo, a continuación,  contámosvos como se desenvolveron:

Por unha parte, 3d3Padel Asioka, xogou na casa contra o CSC Soho Café Coruña, gañando o encontro por un 8-4 a favor, o que os converte, ata o momento, en líderes da súa categoria, Gran Slam. Noraboa equipo!!

Doutra banda, 3d3 A Taberna do Rio, desprazouse a Feans, onde acadou a vitoria por un 4-8 a favor, frente a Padel Feans-Pazo do Rio. Parabens rapaces!!

Por último, o noso equipo 3d3Pádel Helvetia, enfrentóuse en Sigüeiro a, Gonzaba-Crosspadel Sigúeiro, onde non puido impoñerse  o seu rival, e volveu para a casa coas mans vacias, con un 12-0. A seguir peleando equipo!!!!!!

LIGA VETERANOS 2018

O noso equipo de veteranos, 3d3 Padel Vet2018, debutou esta fin de semana na Liga de Veteranos, e non puido ter mellor comezo, posto que, por un lado, o sábado enfrentábase o Veteranos ASM 2018, na Coruña, gañando o encontro por un contundente 1-2, mentras que o domingo, alcanzou a vitoria na casa por un 2-1 contra o Sporting Club Casino De La Coruña Vet 2018, no que foi un encontro parello e intenso.

MOITAS FELICIDADES EQUIPO!!!!!

1ª XORNADA SERIES NACIONALES

Esta fin de semana, os nosos equipos das Series Nacionales comezaron a sua andaina nesta competición.

Dous dos cales xogaron na casa, malia o resultado non puido ser máis dispar.

Dunha banda o noso equipo 3D3 A TABERNA DO RIO, que se atopa competindo en 3 división, enfrontouse a 2MAS SQUASH SANTIAGO MASCULINO A, e tras un duro enfrentamento logrou izarse coa vitoria  por un contundente 10-2. FELICIDADES por este tan bo comezo de tempada.

Doutra banda, o equipo 3D3 PÁDEL C, o cal está en 7 división,  tras un árduo e intenso enfrontamento, non logrou impoñerse sobre o seu rival, SALUME COCINAS DE DISEÑO-PADELPLUS, acadando un resultado favorable para os rivais por un 3-9. MOITO ÁNIMO RAPACES. A seguir loitando!!

E por último pero non menos importante, o noso equipo de Gran Slam, 3D3 PADEL ASIOKA, desparouse o domigo a Ames para disputar o seu primeiro enfrentamento contra DON BUDI-LET PADEL, e tras un intenso enfrentamento, acadaron a vitoria por un 2-10 a favor. Parabens rapaces!!!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies