O Clube

Pádel por enriba de todas as cousas é unha filosofía de traballo para un centro deportivo moderno, innovador e no que prima o desenvolvemento, a nivel profesional ou afeccionado, de quen escolle onde practicar a súa disciplina favorita.

3D3 Padel nace en 2012 para converterse no centro neurálxico deste deporte na comarca de Bergantiños. Froito da experiencia dun equipo coñecedor da xestión empresarial e as particularidades do pádel, o clube aglutina en 2.200 metros cadrados seis pistas modernas e cómodas, montadas seguindo as últimas tendencias en confort e versatilidade.

Guiados pola constante mellora dos servizos asociados á práctica deportiva, os membros do equipo de 3D3 Padel esfórzanse cada xornada para ofrecer aos seus usuarios as mellores opcións coas que complementar unha boa partida: flexibilidade de horarios e na escolla da pista, reserva a través dunha aplicación móbil exclusiva, ou campionatos e competicións nas que poñer a proba o nivel acadado durante a práctica diaria.

Os servizos complementarios de cafetería, tenda con produtos de primeiras marcas relacionados co pádel, amplos vestiarios ou aparcadoiro privado, fan da visita a 3D3 Padel toda unha experiencia para o tempo de lecer.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para máis información.plugin cookies

ACEPTAR