Primeira xornada das Series Nacionais

Primeira xornada das Series Nacionais

Xa están de volta as Series Nacionais e os nosos equipos empezaron con moita forza a nova tempada. Contámosvos como foi a xornada para eles.

O noso equipo feminino empezou moi ben na competición e impúxose por un contundente 3-9 ao Padel Plus. Non tiñan un partido doado a domicilio pero foron quen de superar ás súas rivais e conseguir unha importante victoria.

Pola súa banda, o quipo da 5ª categoría masculina non puido arrancar con mellor pé a competición. Viaxaron ata a capital para enfrontarse ao Squash Santiago e lograron impoñerse por un clarísimo 0-12.  A seguir así de fortes!

A mala nova da xornada estivo no partido da 6ª categoría masculina, onde os rapaces non puideron superar aos Byfitter’s e perderon por un contundente 0-12! Moito ánimo a todos nas vindeiras xornadas!

Deixámosvos coas imaxes da xornada 😉

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para máis información.plugin cookies

ACEPTAR