Sensacionais victorias de Arte Floral e Cimadeluxe na terceira xornada de liga

Sensacionais victorias de Arte Floral e Cimadeluxe na terceira xornada de liga

Gañaron na casa por 5 – 0 nos seus enfrontamentos desta fin de semana, diante de Padel Feans e A1 Pádel, respectivamente. Menos sorte tiveron Restaurante Cima e Helvetia, que perderon pola mínima, e Beos, que xa na xornada de domingo caeron na casa diante de San Andrew Twenty One.

foto_liga3d3

A terceira xornada da Liga de Pádel por Equipos rematou este domingo cun balance de dúas victorias e tres derrotas para os equipos de 3D3 Pádel, nunha fin de semana na que as nosas instalacións en Carballo acolleron ata catro dos enfrontamentos, cun sensacional ambiente no clube.

O equipo de terceira categoría, Restaurante Cima – 3D3 Pádel, caeu derrotado diante de A Pedralba por un axustado 2-3, no partido que pechou a xornada do sábado en Carballo, e que coloca ao equipo na parte media – baixa da clasificación, cunha victoria e dúas derrotas no que vai de competición.

Arte Floral – 3D3 Pádel venceu en casa por un contundente 5 – 0 diante de Pádel Feans, nun sensacional enfrontamento que deixa ao equipo feminino do clube na primeira posición da clasificación no grupo 5 da terceira categoría feminina.

En canto aos equipos de cuarta categoría, Cimadeluxe – 3D3 Pádel venceu a A1 Padel Karting Marineda tamén por 5 – 0, e queda tamén na primeira posición da clasificación con tres victorias nas tres xornadas rexistradas ata agora.

Helvetia – 3D3 Pádel perdeu por 2 – 3 diante de Padel & Beer TPV World fóra da casa, quedando na parte media da clasificación. Non tivo sorte tampouco Beos – 3D3 Pádel, que perdeu por 0 – 5 na mañá do domingo diante de San Andrew Twenty One.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies